A Parda celebrará a chegada da primavera cunha gran festa
Por Redacción
A Parda celebrará este sábado 25 de marzo a chegada da primavera cunha gran festa organizada pola Asociación de Profesionais e Pequenas Empresas do barrio e a colaboración do Concello de Pontevedra e da Federación Rías Baixas.
Entre as actividades previstas inclúense un desfile de moda, exhibicións de taekwondo, un taller de Ioga, voos de drons, obradoiros infantís, unha scape room ao aire libre, inchables, un mercadillo solidario impulsado polos colectivos Os Palleiros, Difusión Felina e Boa Vida e tamén ofrece promocións especiais nos establecementos adheridos durante toda esta semana.
A Festa da Primavera se desenvolverá, desde as 10:00 ata as 23:00 horas, nas prazas da Cítara e de Fermín Bouza Brey, no Parque dos Soutos e na rúa Pintor Laxeiro.
O mercadillo solidario estará aberto dende as dez ata as 21 horas. A partir das 11:00 horas impartirase nas instalacións de Vera Vidal Yoga para Adultos dunha hora de duración, cun aforo de 12 prazas e con inscricións a través do email info@veravidalyoga.com. A esta mesma hora tamén dará comezo na Praza da Cítara unha exhibición de taekwondo a cargo de Polc TKD e ás 11:30 horas iniciarase na Praza de Fermín Bouza Brey un obradoiro de flores no que se exhibirá un mural de primavera (ata as 13:30 horas).
En Pintor Laxeiro, entre as 12:00 e as 14:00 horas, organizarán xogos tradicionais familiares, mentres que, de 12:30 a 13:00 horas, o local de Vera Vidal Yoga acollerá un taller de Ioga infantil.
Xa pola tarde, celebraranse na Praza de Fermín Bouza Brey, entre as 16 e as 18 horas, uns talleres de Pintacaras, podendo desfrutar a rapazada dos inchables en Pintor Laxeiro entre as 16:30 e as 19:30 horas. O colectivo Boa Vida protagonizará un desfile de moda na Praza da Cítara de 17 a 18 horas e a firma Gaelic GP realizará voos de drons júnior no Parque dos Soutos entre as 17 e as 20 horas.
A partir das 18 horas haberá actividades de tiro con arco e slack line en Pintor Laxeiro, desenvolvéndose entre as 18:30 e as 20 horas unha scape room por diferentes prazas do barrio.
Chegadas as 19:30 horas comezará en Pintor Laxeiro un fin de festa con comida e bebida a prezos populares e música a cargo de Disco Móvil Universe. O programa da Festa da Primavera pecharase ás 23 horas. Tódalas súas actividades son de balde, con excepción da comida e a bebida.