O CIFP Carlos Oroza presenta programas infantís de cociña e unha impresora 3D de alimentos
Por Oskar Viéitez
A innovación educativa do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza chega a FP Innova da man de dous proxectos de innovación: un metodolóxico "A mesa do Oroza" e outro tecnolóxico "Impresoras de gran formato con aplicacións gastronómicas".
Estes dous proxectos preséntanse desde este mércores e ata o venres 24 de marzo na zona expositiva do Museo Gaiás na Cidade da Cultura de Santiago.
"A Mesa do Oroza" trátase do deseño e produción duns programas de cociña para nenos de primaria nos que se poñen en valor cuestións como a lingua galega, os produtos quilómetro cero, o reaproveitamento dos alimentos, a dieta atlántica ou a importancia das empresas produtoras con responsabilidade social corporativa entre outros.
Os programas de cociña foron realizados, editados e producidos polo alumnado do CIFP Imaxe e Son de A Coruña.
Este proxecto ten como obxectivo fomentar a educación en valores e a conciencia social desde idades temperás, a través da cociña e a alimentación.
Ademais, busca rescatar a riqueza gastronómica galega, e poñela en valor como elemento de identidade e patrimonio cultural, a través de programas de curta duración, deseñados para nenos de primaria, incorpora técnicas culinarias adaptadas ao seu nivel, receitas saudables e divertidas, e unha metodoloxía innovadora que inclúe actividades didácticas na cociña relacionadas cos valores sociais e ambientais antes mencionados. É o primeiro programa de cociña para nenos en galego e cun formato adaptado a eles.
Como complemento a esta alimentación, o alumnado de actividades físicas y deportivas que se formaba no IES Do Carril de Vilagarcía, deseñaron unas actividades físicas moi sinxelas que pretenden espertar o interese pola actividade física en familia cunha proposta diferente e divertida.
Este é un proxecto metodolóxicamente innovador que busca achegar ás nosas raíces o xeito en que os máis pequenos aprenden a cociñar, e que agardamos sexa unha das atraccións de FP Innova.
Por outra banda, o CIFP Carlos Oroza presenta a primeira impresora 3D de alimentos para a produción de pezas de gran formato en chocolate que temos en España.
A impresora 3D é unha ferramenta revolucionaria para a produción de pezas de chocolate de alta calidade. Grazas á tecnoloxía de impresión en 3D, a escola de hostalería logrou imprimir pezas de chocolate de gran tamaño cunha precisión e detalle sen precedentes. Esta innovación supón un gran avance para a industria alimentaria e é a primeira vez que se logra nunha escola de hostalería en España. A impresora 3D de FPInnova é unha ferramenta de alta precisión que utiliza chocolate de alta calidade para producir pezas de gran formato.
Os deseños realízanse nun computador e imprímense en 3D utilizando unha embocadura especial que permite a creación de pezas únicas e personalizadas que non se poden conseguir con métodos tradicionais.
A presentación da impresora 3D de alimentos de FPInnova esperan que sexa un gran éxito e amose o potencial da tecnoloxía de impresión en 3D na industria alimentaria, xa que o que se pretende é seguir innovando con outro tipo de productos alimentarios como purés, salsas e outros componentes alimentarios susceptibles de ser utilizados para a creación de pezas en 3D. Agardan continuar desenvolvendo esta ferramenta e utilizala nas clases e eventos futuros.
Relacionadas:
-
O alumno de hostalería con maior destreza en cervexa está no Carlos Oroza
Por Redacción |
-
Os mercados de Pontevedra e Cambados celebrarán o Día de Europa homenaxeando a cociña das avoas
Por Oskar Viéitez |
-
A adega Martín Codax será a sede do IX Campionato de Sumillería Suso Domínguez
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Unha semana de estrelas no CIFP Carlos Oroza
Por Redacción |
-
O reto de levar á casa un menú de entrante, prato principal e sobremesa por seis euros
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |