Venres de Cuaresma, vía crucis da Confraría do Espírito Santo en Santa María
Por Redacción
Este venres 24 de marzo, a asociación cultural relixiosa Confraría do Espírito Santo de Pontevedra organiza o percorrido polas Estacións do Vía Crucis na Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.
Comezará ás 20.00 horas, unha vez que finalice a misa, seguindo a tradición iniciada en 1957 por esta confraría pontevedresa. Unha representación de fieis confrades, ataviados con vestimenta procesional da confraría, acompañarán á súa Cruz Guía Procesional nas catorce estaciones do percorrido.
Realizarase con textos do Vía Crucis do Papa Francisco, que elabora cada Venres Santo. A confraría convida a todas as persoas fieis a que acudan a esta acción na que se rememoran os pasos de Xesús na subida ao Calvario. Estas celebracións desenvólvense cada venres de Cuaresma.