Coa primavera chega o concurso de espantallos de Cerponzóns
Por Redacción
A Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns estaba a esperar o inicio da primavera para dar inicio o seu Concurso de Espantallos.
Nesta cuarta edición convocan a toda a veciñanza a seguir coa tradición de realizar os espantallos, sempre coa premisa de utilizar material reciclado como roupa usada, sombreiros, cordas, madeiras, latas, flores, arames, entre outros elementos.
Os espantallos xa poden confeccionarse ata finais de maio.
No mes de xuño serán dados a coñecer os gañadores nesta convocatoria aberta a todos os residentes na parroquia de Cerponzóns.
Para participar poden contactar no número 628387430 ou tamén a través do correo da asociación: aavv.chedeiro.cerponzons@gmail.com