Detido un veciño do Grove por un roubo nunha casa da localidade en decembro
Por Redacción
A Garda Civil detivo un veciño do Grove de 32 anos como presunto responsable dun roubo nunha vivenda desta localidade o pasado mes de decembro.
A detido conta con numerosos antecedentes policiais e atribúeselle agora un delito de roubo con forza. Tras ser detido, foi posto en liberdade en sede policial e deberá comparecer perante o xulgado de Garda de Cambados cando sexa citado.
As pescudas iniciáronse por mor da denuncia interposta no posto da Garda Civil do Grove por unha veciña da localidade á que roubaron nunha vivenda da súa propiedade aproveitando a súa ausencia.
Segundo informou a Garda Civil, o ladrón forzou unha das portas traseiras do inmoble e causou numerosos danos na vivenda. Do interior levou xoias e diversos efectos.
Os datos obtidos da inspección ocular polo Equipo EBIO (Equipo básico de Inspeccións Oculares) da Garda Civil de Sanxenxo permitiron a identificación do posible autor.