Unha carreira para concienciar aos máis pequenos sobre a leucemia
Por Redacción
O alumnado do CPR La Inmaculada de Marín, en colaboración coa asociación Uno entre Cien Mil, culminaron cunha carreira o proxecto de concienciación sobre a leucemia.
O colexio estivo traballado durante un mes en sesións de sensibilización e concienciación sobre esta enfermidade, que culminou coa citada carreira este venres 24 de marzo polas rúas do centro e a Alameda da vila marinense, decorada coas pancartas realizadas polo alumnado.
O proxecto, denominado 'A Volta ao Cole', celebrou así a súa primeira edición e desde o colexio decidiron prolongala en máis edicións debido ao "éxito na motivación e participación de toda a comunidade educativa".
Desde a dirección do centro agradecen ao Concello, á Policía Local, á delegación marinense da AEEC e a toda a comunidade educativa "pola súa gran implicación con este evento".