Unha gran festa fai florecer A Parda coa chegada da primavera
Por Redacción & Cristina Saiz
Coa cidade xa inmersa na primavera, A Parda quixo darlle a benvida a esta nova estación do ano cunha festa que espallou as súas actividades por todo o barrio.
Foi un evento organizado polos comerciantes da zona co apoio do Concello de Pontevedra.
Na Praza da Cítara, o epicentro desta festa, instalouse un mercado solidario impulsado polos colectivos Os Palleiros, Difusión Felina e Boa Vida. Alí celebrouse tamén unha exhibición de taekwondo, que correu a cargo de Polc TKD; ou un desfile de moda.
Esta Festa da Primavera incluiu ademais actividades como un taller de ioga para adultos, que organizou Vera Vidal Yoga, un obradoiro de flores, xogos tradicionais, un taller infantil de pintacaras, inchables, tiro con arco ou un voos de drons, entre outras.
Un scape room por diferentes prazas do barrio ou a ambientación musical de Disco Móvil Universe formaban parte tamén da programación desta festa, que encheu de vida tamén a Praza de Fermín Bouza Brey, Pintor Laxeiro ou o Parque dos Soutos.
Os establecementos comerciais do barrio ofreceron promocións especiais durante todo o día.
A festa foi inaugurada por Yoya Blanco e Iván Puentes, edís de Promoción Económica e Desenvolvemento Sostible.