Transporte público gratuíto na cidade, nova proposta electoral do PP
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular e candidato á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou este luns outra das propostas de mobilidade que figuran no programa co que se presenta ás próximas eleccións municipais e que consiste na gratuidade do transporte público e en "hacer una transición ordenada hacia el vehículo eléctrico en su transporte urbano". Substituíndo os autobuses existentes por vehículos 100% eléctricos, axudándose do plan Move.
"Esto sería pionero en Galicia y una de las primeras ciudades en hacerlo en España", sinalou Rafa Domínguez.
No PP local cren que esta decisión "va a mejorar la movilidad y reducir significativamente el tráfico". "Queremos que la gente pueda venir a Pontevedra pero que no la invada de coches", engadiu.
O concelleiro Pablo Fernández encargouse de detallar esta proposta. "A partir del 29 de mayo toda persona que se suba a un autobús urbano en Pontevedra va a poder hacerlo gratuitamente, sea de donde sea", insistiu.
Ademais, a promesa electoral do PP inclúe a mellora e incremento das liñas de transporte urbano existentes conectándoas con "polos de atracción ciudadana" como son, segundo citou, a Brilat, o polígono do Campiño ou o futuro polígono comercial do Vao.
"Contamos con un incremento, al menos, de un cien por cien de usuarios con esta medida", asegurou Pablo Fernández.
A proposta compleméntase coa creación dunha rede de aparcamentos disuasorios vídeo vixiados no exterior de Pontevedra, unha idea que se desenvolverá con máis detalle nos próximos días. Desde estes estacionamentos perimetrais habilitásense lanzadeiras con vehículos eléctricos para conectar co centro.
Por último, a proposta electoral do PP contempla a posta en marcha "de una vez por todas" do transporte a demanda para o rural, que se complementaría "con un bono social de al menos cien euros al mes para los ciudadanos de renta baja-media que vivan en el rural, que al menos puedan moverse cuatro veces al mes para venir al centro".
O Partido Popular explicou que estas propostas financiaranse con cargo aos orzamentos municipais que, a día de hoxe, só consignan uns 150.000 euros para o transporte público "tenemos un margen de mejora brutal". Segundo os seus cálculos a medida sairía nuns 200.000 euros, estimando unhas 35.000 viaxes ao mes cun custo medio actual duns 50 céntimos. Ademais solicitaríanse axudas aos fondos europeos Next Generation para a creación de aparcadoiros disuasorios perimetrais e a implementación de buses lanzadeiras. Tamén se farían convenios con empresas e administracións para as liñas da Brilat e dos polígonos industriais.
"Creo que es la Pontevedra del futuro", manifestou Rafa Domínguez.
Relacionadas:
-
Ana Pastor pechará a lista do PP de Pontevedra nas próximas eleccións municipais
Por Oskar Viéitez |
-
Pepa Pardo será a número dous na candidatura do PP de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez e Ángel Moldes piden transparencia ao goberno local cos seus plans para o tráfico na ponte da Barca
Por Natalia Puga |
-
Rafa Domínguez, do PP, alerta de inseguridade en Campolongo ao rexistrarse pequenos furtos e venda de drogas polo miúdo
Por Anxo Lourido |
-
Rafa Domínguez reclama estudar "más en profundidad" o traslado da feira: "No se debe hacer en este momento"
Por Alejandro Espiño |