O hotel gastronómico co que Pepe Vieira volve "a la casilla de salida"
Por Alejandro Espiño
Tras 23 anos "en la carretera", o cociñeiro pontevedrés Xosé Torres Cannas, máis coñecido como Pepe Vieira, ten a sensación de estar de novo "en la casilla de salida" e, aínda que pareza mentira, volve ter os nervios "que da el estar empezando".
Camiño da Serpe, o restaurante co que hai apenas catro meses lograba a súa segunda Estrela Michelin, reconvértese nun "hotel gastronómico" co que busca ofrecer aos seus comensais e aos seus hóspedes unha experiencia única.
Catorce cuartos dobres, construídos en módulos individuais e repartidos pola ladeira da montaña na que se asenta todo o complexo, propoñen aos seus residentes pasar a noite "en medio de la naturaleza" e con vistas privilexiadas sobre a ría de Pontevedra.
Trátase dun hotel "deconstruido", segundo o seu responsable, onde os seus cuartos, todos eles con cama para dúas persoas, teñen unhas enormes ventás que permiten "que te llegue todo el exterior" e os seus ocupantes poidan desconectar "de todo lo demás".
A parte gastronómica que ofrece o restaurante, sumada a ese contacto co medio natural, "son las dos vías que contextualizan este hotel", explica Vieira, complementándose entre si porque a súa cociña "es muy natural y con productos de aquí".
Dos seus fogóns sae o que el denomina "la última cocina del mundo", un concepto que vai máis aló do culinario e co que conta unha historia con cada prato, descubrindo Galicia e as súas orixes a través dunha proposta que rescata receitas e condimentos case esquecidos.
A despensa galega "es insuperable", subliña o cociñeiro pontevedrés, e dela fornécese principalmente este restaurante, que dentro da súa filosofía figura tamén a reivindicación das súas raíces rurais, deleitando os padais dos seus comensais "con sabores únicos".
Á inauguración deste hotel-restaurante acudiron, entre outras autoridades, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que na súa intervención destacou o valor de iniciativas como esta para reforzar a oferta turística e gastronómica da comunidade.
"Pepe Vieira é un exemplo de superación a todos os niveis", subliñou Rueda, que sinalou que forma parte da "mellor propaganda" que Galicia quere exhibir en todo o mundo, ofrecendo lugares e experiencias "que non teñen nada que envexar" a ningún destino.
Desde a pandemia, concluíu o presidente galego, os visitantes "buscan isto e aquí", un contacto co medio natural "e onde o temos conseguido, temos que presumir, ensinalo e dicir que podemos ofrecelo a todo o mundo".
Relacionadas:
-
A galaxia gastronómica de Pontevedra mantén as súas nove 'estrelas'
Por Alejandro Espiño |
-
A cociña pontevedresa, de premio en premio
Por Alejandro Espiño |
-
Un menú 'dúas estrelas' para a Noiteboa do comedor social de San Francisco
Por Alejandro Espiño |
-
Rueda enxalza a Pepe Vieira e os vínculos entre o Camiño de Santiago e a alta cociña
Por Redacción |
-
O hotel de natureza co que Pepe Vieira quere redondear a súa experiencia gastronómica
Por Alejandro Espiño |