Un encontro de palilleiras para celebrar e reivindicar
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
Este sábado celebrouse a primeira Xuntanza de Palilleiras organizada polos comerciantes das Galerías da Oliva e o colectivo A Fieitiña.
Preto dun centenar de expertas no encaixe de palillo reuníronse para compartir experiencias e vender algúns dos seus traballos artesanais.
Á cita acudiron palilleiras de Pontevedra, Vilanova de Arousa, Marín, Mos, A Lama ou de Cambados, como é o caso de Dora Piñeiro, unha vilanovesa con negocio en Cambados que é toda unha veterana neste tipo de encontros que tamén ela organiza.
O próximo será en Meaño e non en Cambados, como facía antes, xa que está en litixio con este Concello pola situación na que se atopa o local que ocupa na praza de abastos, un que baixo que ten en concesión e que se asolaga con frecuencia por culpa do mal estado do tellado.
Dora Piñeiro reclama ao Concello de Cambados unha indemnización polos danos e prexuízos que lle ocasionou ter que pechar o negocio e tamén lles responsabiliza da depresión que sofre.
O xuízo sinalouse para maio.