Rouban a furgoneta do Banco de Alimentos de Monte Porreiro
Por Redacción
O Banco de Alimentos de Monte Porreiro denunciou na mañá deste sábado o roubo da súa furgoneta mentres estaba aparcada na rúa neste barrio pontevedrés.
Tal e como explican desde esta entidade sen ánimo de lucro, o vehículo quedou estacionado na noite do venres e na mañá deste sábado alguén o roubaba, de modo que o delito cometeuse durante a noite.
Os responsables xa formularon a preceptiva denuncia por roubo ante a Policía Nacional e tamén a Policía Local de Pontevedra recibiu aviso do ocorrido.
Este roubo causa importantes contratempos ao Banco de Alimentos xestionado pola asociación O Mirador de Monte Porreiro, pois utilizan este vehículo a diario para as tarefas da entidade, fundamentalmente, a recollida de alimentos doados para a súa posterior repartición nas persoas do barrio máis necesitadas.
Desde a entidade piden colaboración cidadá para recuperar o vehículo. É o que acompaña esta noticia.
Relacionadas:
-
Localizan en Vilanova a furgoneta roubada ao Banco de Alimentos de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Persoal de ENCE doa xoguetes para 116 escolares ao Banco de Alimentos de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Recadan máis de 150 quilos e 400 xoguetes na campaña solidaria da comunidade escolar do CEIP de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O Mirador de Monte Porreiro inicia a súa campaña de repartición de alimentos do Nadal
Por Redacción |
-
Pontevedra entrégase coa recollida solidaria de alimentos promovida pola hostalería
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Fluxo constante de doazóns para o Banco de Alimentos de Monte Porreiro, que xa supera as 200 familias
Por Redacción |