A pavimentación da rede viaria de Meaño rematará antes do verán
Por Redacción
A renovación integral da rede viaria do municipio de Meaño coincidirá co inicio desta semana festiva.
O luns persoal da empresa Covsa, adxudicataria da obra, comezará coas primeiras labores de acondicionamento dos viais.
A renovación, en conxunto, custará 824.365 euros que permitirán executar un proxecto integral de pavimentación e mellora da seguridade vial en estradas do municipio situadas nas parroquias de Dena (As Cachizas, Seixiños-Rúa Nova-Rúa dos Colexios, Ameiró, Altamira, dúas pistas en Viliquín e outras dúas en Dadín), Padrenda, Covas, Xil, Meaño, Simes (dúas pistas no lugar de A Igrexa e a que une Axís co alto de O Sifón) e Lores ( San Benito e Pedroño).
A actuación consiste non só na mellora da capa de rodadura, tamén inclúe a habilitación de espazos seguros para os peóns e a colocación de elementos reductores de velocidade. Está previsto que os traballos rematen antes do verán.
O proxecto tamén inclúe o pavimentado con lastro nos entornos de lugares emblemáticos e de afluencia peonil, como as iglesias.
Humanizarase o vial acceso capela San Benito de Lores; o vial acceso igrexa de Padrenda; vial próximo á igrexa de Simes; zona entrada colexio Coirón Dena; zona centro saúde de Dena; un tramo no vial das Cachizas, un tramo en Ameiró, terán preferencia peonil polo que levarán un asfaltado e plataforma hormigonada con alternancia de franxas adoquinadas que faciliten un lento tráfico rodado. A seguridade peonil reforzarase tamén coa mellora da elevación da calzada.
O alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, sinalou que a execución destas obras supón "cumprir cun compromiso adquirido coa cidadanía".
Relacionadas:
-
Meaño finaliza as obras de humanización do vial da contorna da igrexa de Padrenda
Por Redacción |
-
Suso Sueiro, candidato do Partido Popular á alcaldía de Meaño
Por Redacción |
-
A liquidación das contas de 2022 deixa en Meaño máis de 4 millóns de euros en remanentes
Por Redacción |
-
Estudan a ampliación da vía de acceso ao centro de saúde de Meaño
Por Redacción |
-
Comeza en Meaño a segunda fase de ampliación do vial A Pedreira-O Barreiro-Picón
Por Redacción |