Marga Caldas insta á Xunta a que "saque do caixón" o proxecto do Polígono de Fragamoreira
Por Redacción
A candidata do BNG á Alcaldía do Concello de Poio. Marga Caldas, lamenta que o Partido Popular rexeitara a iniciativa presentada polo Bloque no Parlamento galego onde se reclamaba o traslado das instalacións da Xunta na Xunqueira de Alba, no Concello de Pontevedra, ao Polígono da Fragamoreira co fin de desenvolver dunha vez por todas o proxecto deste parque empresarial.
Tralas declaracións da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, sobre o traslado das instalacións, dende o BNG de Poio instan a administración autonómica a "que asuman a débeda histórica que teñen coa veciñanza de Poio e que desenvolvan dunha vez por todas o tan necesario proxecto do polígono".
Caldas insistiu na "obriga" da Xunta de "cumprir as normas" e nesa liña volveu a propoñer "que os equipamentos sexan trasladados a un polígono previsto no radio de cinco ou dez quilómetros de Pontevedra, ao polígono de Fragamoreira, no concello de Poio" que, con 350.000 metros cadrados, conta coa aprobación do Plan especial dende o ano 2012.
A Xunta xa investiu dous millóns de euros e expropiou parte dos terreos.
"É o momento de que a o Partido Popular dende a Xunta saque do caixón o proxecto do polígono, que se encargou de boicotear o anterior candidato popular e ex-xerente de Xestur, Javier Domínguez, e os actuais dirixentes do PP de Poio", sentenciou Marga Caldas.
Relacionadas:
-
A Xunta licitará este ano o instrumento de ordenación que permitirá impulsar o parque empresarial de Fragamoreira
Por Oskar Viéitez |
-
Marga Caldas presenta o equipo co que aspira a ser a primeira alcaldesa na historia de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Poio solicitará a transferencia do polígono de Fragamoreira
Por Oskar Viéitez |
-
Luciano Sobral pecha unha candidatura do BNG de Poio chea de "forza, ilusión e capacidade"
Por Oskar Viéitez |
-
Zona Franca ofrece un estudio técnico para impulsar a creación do polígono empresarial de Fragamoreira
Por Redacción |
-
Poio volve insistir a Sanidade para que "axilice ao máximo" a tramitación do novo centro de saúde
Por Redacción |