A Aña Urbana enche o sábado de pasarrúas, regueifas, toques de leghón e baile tradicional
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez
A Boa Vila recuperou este sábado a festa da Aña Urbana.
A asociación cultural Trépia organiza este encontro no que participan agrupacións e colectivos de música tradicional, arredor dos bailes e cantares vencellados ao ciclo das labradas, nos meses de abril e maio.
Logo do parón que supuxo a pandemia, recupérase esta festa que tamén supón un proxecto de divulgación e investigación sobre a aña, eses cantares a desafío acompañados de percusión con pedras e legóns.
A Aña Urbana é un evento afianzado na cidade, e unha referencia entre os eventos da música tradicional da contorna na que cada vez participan máis grupos e escolas. A deste sábado foi todo un referente para a difusión da cultura tradicional no ambiente urbano.
Ás once da mañá abriu a carpa instalada na Praza de España e pouco despois comezaron os roteiros pola cidade, coa participación dos grupos polas rúas e prazas do centro histórico. Tamén houbo un xantar de confraternidade, un obradoiro de regueifa con O Rabelo e Alba María; outro de toques de leghón, con Xandre Outeiro; e outro de baile do ramo, a cargo de Álvaro Carballo.
Xa apola tarde Luís Prego conduciu un faladoiro que rematou coa actuación da escola A.C. Trépia.
A festa pechou co concerto de Abril de Pan Sen Fron e un Serán de micro aberto para a participación de tódalas persoas que quixeron intervir.
Relacionadas:
-
O campus quere contar cun grupo de baile tradicional
Por Redacción |
-
"Tramo polo Miño Free-Style" fomentará este sábado a cultura urbana en Cambados
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Volve a Aña Urbana este sábado 1 de abril con música e forza rural
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Enterro da Sardiña de Marín, declarado festa de interese turístico de Galicia
Por Redacción |