Entre 60 e 80 euros anuais de taxa do lixo
Por Oskar Viéitez
A posta en marcha do consorcio provincial de recolleita do lixo supoñerá, aos veciños dos municipios que se adhiran, o pago dunha taxa anual de entre 60 e 80 euros.
Este é un dos principais acordos adoptados na reunión que convocou o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, cos alcaldes da provincia para avanzar no proceso de constitución deste consorcio provincial.
Ao encontro asistiron representantes de 42 municipios.
Ao mesmo tempo tratouse o proxecto de apertura dunha canceira provincial.
Segundo os datos ofrecidos na reunión, naqueles concellos que teñen unha xestión directa do lixo, as taxas só cobren o 40% do custo, chegando ao 60% nos que si optaron por unha xestión indirecta.
En números redondos, excepto en Pontevedra e Vigo, os sesenta concellos restantes da provincia, perden ao ano oito millóns de euros por este servizo.
Agora que a lei prohibe o déficit estructural das administracións locais e que o proxecto de reforma da lei de bases de Réxime Local obrigará ao traspaso ás deputacións daqueles servizos que sexan ineficientes. Na provincia de Pontevedra estes 40 concellos decidiron buscar unha saída conxunta consorciando a recolleita de lixos.
O servizo provincial de recollida e tratamento de lixo nace coa idea garantir que a calidade do servizo sexa similar en todo ou ámbito provincial, independentemente do lugar onde resida o usuario, destacou o presidente provincial, Rafael Louzán prestarase o servizo de acordo cos estandares de calidade medioambiental esixidos pola normativa vixente, reduciranse sustancialmente os custos e buscarase que o servizo sexa sostible en términos económico-financeiros.
O importe da taxa cubrirá o custo real do servizo, xa que na actualidade as taxas que cobran os concellos están moi desfasadas. Para unha mellor organización do servizo a recolleita se estruturará en catro grandes unidades de xestión, tendo en conta a localización xeográfica e operatividad funcional.
Recollerase o lixo cinco días nas zonas urbanas e dúas no rural. Estas frecuencias incrementaranse nalgúns períodos determinados como o época estival ou durante algunhas festas.
Preténdese mellorar a ubicación dos contenedores que ademais terán un dispositivo que permitirá coñecer o volume de residuos xerado en cada concello.
Os puntos limpos abrirán dous días á semana e os cidadáns poderán depositar os residuos sen costo algún.
Finalmente reducirase o persoal que a día de hoxe presta este servizo nos distintos concellos. O aforro estimado por este concepto é de medio millón de euros. O persoal funcionario seguirá traballando nos concellos e co laboral a subrogar, uns 86 traballadores, negociarase o seu paso ao novo servizo.
O custo do servizo, incluído o pago a Sogama, custará en total preto dos trece millóns de euros cunha proposta dunha taxa para vivenda que pode oscilar entre os 30-40 euros ao semestre.
O cobro da taxa será semestral e non haberá distinción entre zona rural e urbana.
Ademais establécese unha nova estrutura tarifaria para os establecementos.
A partir de agora os concellos terán un prazo de dez días para presentar os seus alegacións ao convenio marco de adhesión ao servizo provincial de lixo. Superado este trámite o pleno de cada consistorio terá que aprobar unha delegación de competencias por parte dos concellos a favor da Deputación de pontevedra.
Louzán espera que o consorcio empece a funcionar "no ano 13, e se pode ser a primeiros que non sexa máis tarde".