'Con_versas Z', a mocidade pontevedresa falando dos temas que lle preocupan, agora en Spotify e Ivoox
Por Redacción
As reflexións da mocidade pontevedresa sobre a realidade que a rodea chegan desde este sábado 8 de abril ao público xeral a través das plataformas dixitais Spotify e Ivoox baixo o paraugas de 'Con_versas Z'.
Trátase dun novo falangullo promovido desde a área de Xuventude do Concello de Pontevedra, que dirixe Alberto Oubiña, que sube á rede tres faladoiros celebrados no Local do Música o pasado 31 de marzo.
De momento, están dispoñibles os tres primeiros capítulos dunha primeira tempada, baixo os títulos ‘Activismo e asociacionismo’, ‘Cultura e creación’ e ‘Mocidade e rural’.
Este podcast xa dispoñible foi gravado con público no local de música e, tal e como explican desde o Concello de Pontevedra, nel "xente moza fala dos temas que lle preocupan á xente moza".
Ademais, en cada unha das conversas, participaron persoas de relevancia en cada eido.
Relacionadas:
-
En marcha as obras para mellorar o acceso ao Local de Música e ao albergue de peregrinos
Por Redacción |
-
Inmediata mellora da contorna do Local de Música con previsión dunha ampliación ambiciosa
Por Anxo Lourido |
-
Música urbana e novos talentos danse cita nas renovadas 'Hip Hop Sessions'
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Seis bandas de Xeración Sónica participarán no Vira Fest de Paredes de Coura
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Regresa a Escola Feminista para a Mocidade, con oito obradoiros de formación, encontro e reflexión colectiva
Por Redacción |