Escolares de Poio limpan de residuos a praia de Cabeceira
Por Redacción
Máis de vinte quilos de residuos. É a cantidade de lixo que uns 140 escolares de Poio, convocados pola Asociación Amicos, retiraron da praia de Cabeceira.
Foi a través dunha xornada ambiental organizada para concienciar aos rapaces e rapazas participantes, procedentes de tres centros educativos, o CEIP Isidora Riestra, o CEIP Lourido e o IES de Poio, da importancia do coidado do litoral mariño das Rías Baixas.
A actividade, na que participaron trinta integrantes da asociación, retirou do areal dez quilos de plásticos, 6,5 quilos de mestura, un quilo de vidro e dous quilos de refugallos de papel.
"Para Amicos, hoxe é un día moi importante, porque forxamos unha nova alianza que nos permite seguir coa nosa tarefa de coidar do noso, coidando dos nosos", detallou a orientadora laboral da asociación, Diana Cidrás.
A xornada contou ademais coa presenza das edís Marga Caldas e Raquel Rodríguez, que destacaron que o futuro de Poio "pasa por iniciativas claramente, en verde, de concienciación e inclusión para que as novas xeracións vexan importancia de coidar do medio ambiente".
Relacionadas:
-
O Areeiro propón a retirada de tres árbores da praia da Cabeceira polo seu mal estado
Por Redacción |
-
Escolares e voluntarios da Asociación Amicos retiran 22 quilos de residuos dunha praia do Grove
Por Redacción |
-
Terceira edición da Feira Científica no IES de Poio para entender de onde saen as cores dos fogos artificiais
Por Redacción |
-
Unha campaña impulsará a reciclaxe de vidro na hostalería e restauración de Sanxenxo
Por Redacción |