O novo xeneral da Brilat: "En paz con los comuneros hemos estado siempre"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
O Xeneral de Brigada Luís Cebrián Carbonell pasou a súa primeira revista oficial aos soldados da Brigada de Infantería Lixeira (Brilat) como xeneral xefe da Brigada. Fíxoo este mércores nunha parada militar que transcorreu baixo a choiva da base General Morillo e na que o novo mando referiuse ao conflito xerado entre o Ministerio de Defensa e as comunidades de montes propietarias de parte dos terreos que ocupa a base.
"En paz con los comuneros hemos estado siempre", asegurou, aínda que recoñeceu o encontronazo inicial. "Ha habido una cuestión de litigios por terrenos que se ha resuelto por las vías que se tiene que resolver", asumiu e pasou a elogiar a tarefa da súa predecesor no cargo, o xeneral José Antonio Alonso Miranda, para mediar na súa resolución.
Segundo sinalou, entre os seus retos está "seguir mejorando las relaciones, que ya son buenas, gracias a Dios, con todas las comunidades de montes que tenemos al alrededor y finalizar la situación que mi predecesor ya dejó muy bien encarrilada y prácticamente concluida".
O xeneral Cebrián Carbonell anunciou que a finalización do acordo está en mans do Ministerio de Defensa e que "lo que ahora se está resolviendo son pequeños detalles técnicos". No que a el pode concernir, márcase como obxectivo "ayudar al Ministerio de Defensa en la resolución" do uso dos terreos e, tralas últimas xestións, móstrase convencido de que "es un problema que ya no existe y eso solo puede redundar en todavía una mejora de relaciones con nuestros vecinos".
Superado o conflito, e co coñecemento que ten ata agora da Brigada, opina que "la Brilat es bien recibida, muy bien valorada y muy bien apreciada por el pueblo de Pontevedra". Ademais, considera que "tan integrada está que la mayor parte de los componentes en esta base son gallegos. Más integración no podemos pedir".
O xeneral Cebrián Carbonell asumiu o mando da Brilat nun mando presidido polo xefe das Forzas Lixeiras, o Xeneral de División Francisco Javier Varela Salas, e mostrouse satisfeito por recalar na Brilat tras 17 anos de experiencia en unidades das Forzas Lixeiras. "Vengo encantando a Galicia y a mandar una brigada que es una unidad de primera categoría", sinalou.
Entre os retos que se marca nesta nova etapa, sinala que "el primero" de todos eles é "mantener el elevado nivel y el prestigio de la Brilat". Insistiu na "calidad y prestigio" da Brigada tanto a nivel histórico como na actualidade, pois participaron en todas as operacións da época actual nas que despregaron forzas do noso Exército, Bosnia, Kosovo, Líbano, e curtiuse na dura escola do combate nos dous escenarios máis difíciles que coñece a historia recente de España, Irak e Afganistán.
Misión en Mali: "Quizá a final de 2014, pero el calendario está todavía por determinar, no hay fecha fija"
Trala parada militar mantivo un breve encontro cos medios de comunicación no que se referiu á anunciada misión da Brigada en Mali. Recoñeceu que "se sabe que hay una misión en Mali y que en algún momento la Brilat aportará fuerzas como componente del Mando de Fuerzas Ligeras ala misión", pero insistiu en que non hai datas para o despregue: "no sabemos exactamente en qué momento va a suceder, quizá a final de 2014, pero el calendario está todavía por determinar, no hay fecha fija".
Os recortes presupuestarios anunciados para o Ministerio de Defensa neste exercicio coáronse no seu discurso ao dirixirse aos efectivos da Brilat e dicirlles que"tendréis que hacer más renuncias" e instarlles a "obtener el máximo provecho de los medios materiales, la munición, el combustible, las maniobras y ejercicios" que realizan.
Respecto diso, e a preguntas dos medios, asegurou que "en principio, no se contempla ninguna" redución de persoal e "no hay ninguna previsión en este momento de que se produzca reducción de unidades". Anunciou que a brigada transformarase "de aquí a un par de años" dentro da nova estrutura de brigadas operativas polivalentes do Ministerio de Defensa, pero asegurou que esa transformación vai ter uns cambios máis reflectidos no tipo de materiais cos que vai traballar que na súa propia organización xeral.
Relacionadas:
-
O ex xefe da Lexión Antonio Romero substituirá ao xeneral Cebrián á fronte da Brilat
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Defensa e os comuneiros asinan a paz, tras cinco anos de conflito polos terreos ocupados pola Brilat
Por Anxo Lourido |
-
O convenio entre Defensa e Salcedo está rematado e pendente só do informe da Xunta
Por Natalia Puga |
-
"Na Brilat haberá adaptacións de equipo, pero non van supoñer un problema de persoal"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O xeneral Cebrián tomará posesión o mércores do mando da Brilat
Por Redacción |
-
A Brilat xa ten novo xeneral
Por Natalia Puga |
-
Novo xeneral, misión en Mali e convenio cos comuneiros, retos da Brilat para 2014
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |