Reunión entre o Concello e hostaleiros para perfilar a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra e o concelleiro de Deportes mantiveron este xoves cos hoteleiros da cidade unha reunión para avanzar na organización dos grandes eventos deportivos que acollerá a Boa Vila nos próximos anos.
Sobre a mesa, en especial, os detalles organizativos para a Gran Final das Series Mundiais que se celebrará o próximo mes de setembro.
"Queremos que a xente que veña e que se achegue a Pontevedra teña o trato máis exquisito posible, sobre todo no referido aos horarios de almorzos, comidas e ceas. Vai a vir xente de todo o mundo que ten uns hábitos diferentes e queremos que poidan adaptarse o máximo posible", explicou tras a reunión celebrada no Hotel Galicia Palace o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Segundo o rexedor os empresarios do sector hoteleiro "recoñeceron un incremento de turismo na cidade ligado a estres eventos deportivos pero tamén ao Camiño Portugués", e ademais "comentaron algún que outro problema de sinalización que tentaremos resolver".
Cabe lembrar que Pontevedra colgou o cartel de completo en canto á súa ocupación hostaleira para os días da Gran Final das Series Mundiais (20 ao 24 de setembro) dez meses antes do evento.
Relacionadas:
-
Unha travesía a nado polo río Lérez, aperitivo ás Series Mundiais de Tríatlon
Por Redacción |
-
Asinado o convenio de colaboración entre Concello e Deputación para a Gran Final das Series Mundiais
Por Redacción |
-
Ampliar os horarios de comidas e ceas, cartas en varios idiomas… a hostalería prepárase para a Gran Final das Series Mundiais
Por Redacción |
-
Turismo Rías Baixas amosa en Bilbao as potencialidades do destino
Por Redacción |
-
Desvelados os circuítos definitivos e horarios para a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Diego Espiño |
-
A gran final das Series Mundiais de tríatlon achégase a Pontevedra e necesita voluntariado
-
Pontevedra repetirá en 2025 como sede do Mundial Multideporte de tríatlon
Por Diego Espiño |
-
A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon pon o cartel de completo nos hoteis da comarca a 10 meses vista
Por Diego Espiño |