Fracasa a mediación no conflito de ambulancias
Por Oskar Viéitez
A reunión celebrada este mércores no Servizo Provincial de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) da Xunta entre a dirección da empresa de ambulancias Transportes Sanitarios Pontevedra Norte (Transa) e o persoal rematou sen acordo. A mediación formulada pola Xunta foi incapaz de achegar posturas e pechar un acordo entre as partes.
O comité de empresa aposta pola vía xudicial como única saída para resolver o conflito laboral. O persoal, en folga dende hai un mes, denunciou a modificación imposta unilateralmente pola empresa no cadro laboral e de vacacións do 2014.
O presidente do comité, Alfonso Boullosa, explicou que ante o fracaso da mediación agora se asignará o conflito a un xulgado do Social e a denuncia seguirá o seu curso.
A próxima semana serán os responsables da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 os que xunten ás partes para intentar desbloquear o conflito.
Relacionadas:
-
A Xunta apela ao diálogo entre Transa e os traballadores "por el bien de la ciudadanía"
Por Natalia Puga |
-
Arden de madrugada dúas ambulancias do 061 en Pontevedra e Bueu
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Os sindicatos reclaman á Xunta o rescate da concesión das ambulancias de Transa
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores de ambulancias Transa prevén unha folga longa
Por Oskar Viéitez |
-
O laudo pecha o conflito laboral en dos traballadores de ambulancias de Transa
Por Redacción |