As eleccións sindicais celebradas este xoves na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés deixaron un resultado moi axustado. Das 3.855 persoas traballadoras en hospitais e centros de saúde de ámbolos distritos realizaron o seu dereito a voto un total de 2.092 traballadores.
Os resultados foron os seguintes:
Xunta de Persoal de Pontevedra
Sindicato - Votos - Delegados
UGT 392 5
CCOO 304 4
CSIF 277 4
CIG 270 4
OMEGA 242 3
SATSE 187 3
COBAS 182 3
USAE 105 1
Xunta de Persoal do Salnés
Sindicato Votos Delegados
CCOO 129 4
CIG 125 4
CSIF 105 4
OMEGA 42 2
SATSE 40 1
UGT 38 1
PROSAGAP 36 1
No conxunto de ambos os distritos, CCOO convértese no sindicato cun maior número de votos ao alcanzar os 433, seguido por 430 de UGT; CIG con 395; CSIF que sumou 382 e OMEGA, con 284 papeletas.
No Hospital Montecelo, o sindicato máis votado foi CCOO cun total de 179 apoios, seguido por UXT, con 142; e a CIG e CSIF, que obtiveron 140 votos cada un.
No Hospital Provincial, UGT lograba a vitoria con 147 votos, seguido por CSIF, con 99 apoios; CCOO obtiña 96; COBAS lograba 95 e 74 eran para a CIG.
PROSAGAP, que nas anteriores eleccións celebradas en 2019 obtivera a maioría en Pontevedra con sete representantes dos 27 integrantes da xunta de persoal, non se presentaba nestes comicios neste distrito.
Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Máis información e desactivación na política de cookies.