O novo campo de fútbol de Dorrón, moeda de cambio para compensar a prórroga do contrato da auga
Por Redacción
A actual concesionaria do ciclo da auga de Sanxenxo, Espina y Delfín, executará as obras do novo campo de fútbol de Dorrón. Asumirá a actuación como compensación polo canon xerado no anterior contrato da auga.
O contrato tivo unha prórroga forzosa nas anualidades 2020, 2021, 2022, e ata marzo de 2023. Eses anos xeraron un importe aproximado de 704.791,48 euros, segundo informes de Intervención municipal, en concepto de canon. E agora eses fondos serán investidos na construción do campo.
Desta forma, o Concello de Sanxenxo renuncia ao pago en metálico a cambio de que Espiña e Delfín asuma a obra como xa fixo noutras actuacións do municipio.
Desta forma, ademais, aceleraranse os prazos e redúcense os gastos de IVE e de beneficio industrial.
As obras comezarán de forma inminente co obxectivo de que o novo campo de fútbol poida ser xa unha realidade para a próxima tempada. A execución da actuación estímase en 8 meses.
A obra contempla a reforma integral das instalacións e a dotación de céspede de última xeración para a práctica de fútbol 11 e 7. O proxecto inclúe a colocación do céspede sintético de base elástica homologado pola FIFA, sistema de rega, iluminación, vestiarios, cantina, almacén, bancadas e peche perimetral. Ademais, acondicionarase a parcela exterior do campo como estacionamento con 24 prazas.
Relacionadas:
-
A reforma do campo de fútbol de Dorrón vai tomando forma
Por Redacción |
-
As obras do campo de fútbol de Dorrón céntranse no peche perimetral e na dotación dos servizos básicos
Por Redacción |
-
Comezan as obras do campo de fútbol de Dorrón coa excavación do terreo
Por Redacción |
-
As obras de abastecemento e saneamento no rural de Sanxenxo comezan polo bombeo de Area de Agra
Por Redacción |
-
O custo da ampliación da EDAR de Paxariñas crecerá ata os 26 millóns
Por Redacción |
-
A renovación do servizo de subministración e abastecemento de auga en Sanxenxo supera o último trámite
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo levará a pleno a adxudicación definitiva do servizo de auga a Espina e Delfín
Por Oskar Viéitez |
-
O pleno de Sanxenxo dá luz verde á proposta para adxudicar o servizo da auga a Espina e Delfín
Por Redacción |