'Galiza non ten Rei", pero si sancións económicas para Galiza Nova
Por Anxo Lourido
Galiza Nova denuncia o que considera unha "represión" sufrida por militantes da organización xuvenil do BNG durante a visita do Rey emérito a Sanxenxo. Sinalan que unha militante recibiu unha sanción económica por parte do Concello de Sanxenxo tras a protesta reivindicativa baixo o lema de "Galiza non ten Rei".
Os feitos producíronse o 18 de abril cando integrantes de Galiza Nova desenvolveron unha acción coa instalación de pancartas con lemas contra a monarquía e colocación de carteis nas rúas de Sanxenxo.
Axentes da Policía Local identificaron a dous militantes da agrupación. Instáronlles a retirar os adhesivos para evitar a proposta de sanción. Segundo os integrantes da formación, finalmente una das novas identificada foi sancionada economicamente malia obedecer as ordes da policía.
Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova, denunciaba esta situación cualificando de "auténtica vergoña e un ataque contra a liberdade de expresión" esta sanción. "Galiza non ten rei e temos dereito a expresalo alto e claro e a manifestar ou noso rexeitamento á visita do emérito deixándoo claro tamén nas rúas", afirma a representante do colectivo.
Á rolda de prensa tamén asistía a moza sancionada e Fran Leiro, candidato á alcaldía polo BNG ao Concello de Sanxenxo, que considera que se utiliza unha dobre vara de medir xa que estes días hai carteis de mitins do Partido Popular nos farois.
Relacionadas:
-
O novo mastro do Bribón que Juan Carlos I estreou na súa viaxe
Por Natalia Puga |
-
A mala mar volve frear ao rei emérito, que marcha de Sanxenxo sen poder competir
Por Redacción |
-
Juan Carlos I, sen regata polo mal tempo: "Non era conveniente que saíra"
Por Redacción |
-
Acto de protesta en Sanxenxo contra a visita de Juan Carlos I: "Galiza non ten rei"
Por Oskar Viéitez |