Día do usuario na Biblioteca: Un carnet, quince libros
Por Oskar Viéitez
Con motivo do Día do Usuario o sábado 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública de Pontevedra convida a todos os seus lectores a participar nas actividades conmemorativas previstas nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia:
Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do Usuario:
- Adultos: ata 15 obras en total para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais e 4 publicacións periódicas prestables.
- Nenos: ata 15 obras en total para escoller entre10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais e 4 publicacións periódicas prestables.
Todos os usuarios poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario.
Ademais, a Biblioteca nomeará a tres superlectores adultos e tres superlectores infantís. Serán os "Socios de honra" para o ano 2014. Estes usuarios foron os que máis documentos levaron en préstamo no ano 2013; algúns deles mesmo, non se atrasaron nin un só día nas súas devolucións.