As obras de abastecemento e saneamento no rural de Sanxenxo comezan polo bombeo de Area de Agra
Por Redacción
As obras de abastecemento e saneamento no rural comprometidas no novo contrato da auga asinado coa concesionaria Espina y Delfín comezou, tal e como estaba previsto, co bombeo de Area de Agra.
A empresa iniciou os traballos de reformulo que contan cun orzamento de 78.383 euros e un prazo de execución de 5 meses. As obras compaxinaranse con outras como a de Bordóns-O Sear e en Barreiro.
O contrato contempla a ampliación da rede de saneamento e auga, con 59 actuacións para dotar destes servizos ás 726 vivendas do rural que carecen de saneamento ou auga; unha segunda que contempla a renovación da rede principal existente con 14 actuacións para substituír tramos vellos e ampliar a capacidade das tubaxes; e unha terceira, con novas infraestruturas de abastecemento de auga con sete actuacións entre as que destaca a construción dun novo depósito de auga.
A empresa concesionaria terá que completar as tres fases nos 36 primeiros meses desde o inicio da concesión. A prioritaria é a fase de ampliación da rede de saneamento e auga do rural, por iso o calendario contempla 29 actuacións nos seis primeiros meses de 2023 e os 30 tramos restantes da primeira fase no segundo semestre do ano.
No primeiros seis meses actuarase en Noalla (Tombelo, Pontes, Quintáns, Aios costeira), Vilalonga (Iglesario, Altamira e Iglesario Lomba), Adina (Poleiros, Rial e Punta Montalvo), Dorrón (Barreiro, Rexenxo e praia de Agra), Nantes (Cancela Pedroño, Pazos e Casal), Bordóns (Chandevila e Sear) e Padriñán (Palacios e Laxe).
Estas actuacións xunto ás previstas no convenio con Acuaes, mellorarán a depuradora e os bombeos de augas residuais.
Relacionadas:
-
Lanzan unha campaña para fomentar o uso responsable de auga en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O novo campo de fútbol de Dorrón, moeda de cambio para compensar a prórroga do contrato da auga
Por Redacción |
-
A renovación do servizo de subministración e abastecemento de auga en Sanxenxo supera o último trámite
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo levará a pleno a adxudicación definitiva do servizo de auga a Espina e Delfín
Por Oskar Viéitez |
-
A empresa Espina y Delfín logra a maior puntuación no informe técnico do contrato da auga de Sanxenxo
Por Redacción |