O servizo de socorrismo empezará a funcionar a primeira fin de semana de xuño en Areas, Silgar, Canelas e Montalvo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A primeira fin de semana de xuño volverá entrar en funcionamento en Sanxenxo o servizo de socorrismo en Areas, Silgar, Canelas e Montalvo.
Os efectivos de vixilancia estarán en horario ininterrompido de 12 a 20 horas.
O goberno local acordou adiantar este servizo como tamén o fixo co balizamento, por primeira vez, a pasada Semana Santa.
A partir do 15 de xuño, os efectivos de salvamento estenderanse a un total de seis praias todos os días da semana. Así, a Areas, Silgar, Canelas e Montalvo sumaranse Foxos e O Espiñeiro-A Lanzada.
Desde o 1 de xullo e ata o 15 de setembro, o servizo ampliarase ao resto de areais cunha franxa horaria maior en Silgar. En total serán 80 persoas as que conformen o servizo de vixilancia.
Deste xeito, Sanxenxo anticipa a tempada estival dando resposta a unha demanda cada vez máis crecente de visitantes. As zonas de baño das 17 praias de bandeira azul xa se atopan desde esta semana balizadas e as canles de nado entre Silgar, Baltar e Canelas xa está operativos.
A próxima semana prevese comezar coas obras de mantemento das praias que este ano contan cun orzamento que rolda os 52.000 euros.
O resto de servizos como os quioscos nas praias de Areas, Silgar, Baltar, Canelas, Paxariñas, Foxos, Montalvo, Pragueira e Major prorróganse do mesmo xeito que o parque acuático de Baltar e as actividades de surf e pádel surf.
A limpeza nos baños das praias volverá ser un verán máis cada hora e media, unha frecuencia que se impuxo co Covid e que o Concello decidiu manter como garantía sanitaria e de limpeza.
Relacionadas:
-
Unhas boias amarelas delimitarán a canle de nado entre as praias de Silgar, Baltar e Caneliñas
Por Redacción |
-
127 bañistas, atendidos en Sanxenxo no mes de xuño por picaduras de faneca
Por Redacción |
-
Estrean bandeiras de socorrismo adaptadas a persoas daltónicas nas praias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Areas, Silgar, Canelas e Montalvo contan con socorristas desde este venres
Por Redacción |
-
Seis socorristas vixiarán este verán as praias de Cabeceira e Xiorto
Por Redacción |
-
O Campionato de España Máster de Salvamento e Socorrismo dispútase esta fin de semana en Silgar
Por Redacción |
-
Posta a punto da praia fluvial de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Comezan os traballos de redistribución da area nas praias de Carabuxeira e Lavapanos
Por Redacción |