Un incendio nunha impresora provoca danos nunha vivenda de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo informou dun incendio rexistrado este venres nunha vivenda unifamiliar de Rouxique.
O lume e o fume causaron danos materiais pero, afortunadamente, non se produciron feridos.
O lume iniciouse no ático da vivenda sobre as catro da tarde. Probablemente provocado por unha impresora, segundo apuntou o Concello de Sanxenxo sobre a posible orixe.
Na extinción deste incendio interveu o servizo de Emerxencias de Sanxenxo.
Víronse afectadas por este sinistro o ático, unha habitación e a primeira planta da vivenda.
Relacionadas:
-
Unha muller de 69 anos sofre queimaduras nunha man tras o estalido dunha campá extractora
Por Redacción |
-
Sufocado un incendio nun garaxe da Rúa Nova de Arriba
Por Oskar Viéitez |
-
Un veciño de Marcón, trasladado ao hospital con queimaduras ao tentar apagar un lume nun galpón
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Declarado un incendio forestal no Vao de Arriba
Por Oskar Viéitez |
-
Falece unha muller en Ribadumia tras incendiarse a cociña da súa casa
Por Redacción |