Tres persoas feridas nun accidente múltiple na PO-308 en Poio
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas e tiveron que recibir atención sanitaria na mañá deste domingo polas lesións sufridas durante un accidente múltiple rexistrado na estrada PO-308 en Poio.
Segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio, o accidente tivo lugar sobre as 12:10 horas deste domingo á altura de avenida da Encoirados e consistiu nunha colisión por alcance entre tres turismos.
O tres turismos implicados circulaban en dirección a Pontevedra e sufriron danos materiais.
A consecuencia do accidente tamén se viu afectado o carril de circulación en dirección a Pontevedra e axentes da Policía Local tiveron que regular o tráfico de forma alternativa ata a retirada dos vehículos.
Ata o lugar do accidente desprazáronse a Policía Local e dúas ambulancias do 061 para o traslado das vítimas.