Mariscadoras e representantes da confraría de Arcade trasladan a súa preocupación pola situación da fábrica de Pontesa
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, e o concelleiro responsable da parroquia de Ponte Sampaio, Raimundo González, mantiveron este martes un encontro con representantes da Asociación de Mariscadoras de Arcade e da Confraría de Pescadores.
Numerosa veciñanza de Ponte Sampaio, parroquia pontevedresa, pertencen a ambos os colectivos, entre as que se atopan vinte mariscadoras.
Entre outras cuestións, trasladaron as súas principais preocupacións na actualidade durante o encontro mantido no Concello de Pontevedra. Un dos problemas que destacaron foi o da situación en que se atopa a antiga fábrica de Pontesa en Ponte Sampaio, que ardía meses atrás.
Os pescadores e mariscadores comunicaron a Fernández Lores que as choivas arrastran á auga restos do material que se queimou e que se atopa dentro desta nave industrial.
O Concello comprometíase na xuntanza a realizar, de novo, inspeccións na zona a través de axentes da Policía Local para realizar un informe sobre este problema.
Ademais, tamén se analizou a alta mortalidade de ameixa que se está detectando este ano e Raimundo González manifestou que se buscará algunha vía de colaboración para axudar a estes colectivos para rexenerar os bancos de ameixas na ría. O concelleiro lembrou que xa se realizaron outras accións nesta zona para fomentar o cultivo deste molusco.
Relacionadas:
-
"Queremos traballar e non nos deixan", o berro das mariscadoras de Arcade
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os veciños da Pontesa xa poden respirar tranquilos despois da retirada total do cereal acumulado na fábrica
Por Oskar Viéitez |
-
"Fartos dos cheiros e das pragas" nove meses depois do incendio de Pontesa, os veciños claman solucións
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A área sanitaria contará cun programa para previr disfuncións do solo pelviano nas mariscadoras
Por Redacción |
-
O alcalde de Soutomaior busca solucións ás pragas de insectos e ratas na fábrica da Pontesa
Por Oskar Viéitez |
-
A Fiscalía abre dilixencias para investigar se houbo delito no incendio de Pontesa
Por Natalia Puga |
-
Un incendio nunha fábrica emblemática que tardou 21 días en sufocarse e levou a vida dun traballador
Por Alejandro Espiño |
-
Extinguido o incendio en Pontesa despois de tres semanas
Por Oskar Viéitez |