Sanxenxo modifica a súa ordenanza de ruídos para permitir concertos en directo
Por Redacción
Ata seis concertos ao ano poderá organizar calquera establecemento aberto ao público en Sanxenxo. Esta actividade, que estaba prohibida pola actual regulación municipal, será agora posible tras a modificación da ordenanza de contaminación acústica.
Esta modificación normativa foi aprobada por unanimidade da corporación municipal no pleno extraordinario celebrado este venres no salón de plenos do Concello.
A portavoz do goberno, María Deza, explicou que se trata de dar amparo legal a unha actividade que vén demandando desde hai xa tempo, actualizando o texto municipal.
Os concertos deberán celebrarse, en todo caso, dentro do horario permitido para cada establecemento, como ordena a Lei de Espectáculos de Galicia.