As escolas infantís de Sanxenxo pechan o prazo de matriculación con listas de espera en dous cursos
Por Redacción
As escolas infantís municipais de Sanxenxo pecharon o periodo de matriculación con listas de agarda en dous cursos do Tombo, o 0-1 e 1-2, así como no 1-2 do Revel. Mentres que todavía quedan prazas libres nas dúas garderías para o nivel 2-3 e para o 0-1, no Revel.
Explican desde o Concello que a partir de agora só poderán presentar solicitudes nos casos de nacemento ou adopción posterior ao peche do prazo de presentación de solicitudes, por cambio de residencia da unidade familiar ao Concello de Sanxenxo ou outras circunstancias familiares debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.
Os admitidos deberán formalizar a matrícula entre o 12 e o 23 de xuño (ambos inclusive). A documentación deberá presentarse preferiblemente na sede electrónica do Terra de Sanxenxo. Para elo será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve. Opcionalmente poderase presentar presencialmente no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo, nas oficinas da casa do concello, mediante o formulario normalizado dispoñible na páxina web do Concello e nas propias escolas.
Para a matriculación será imprescindible o cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación.
Co sistema de cofinanciamento entre o Concello de Sanxenxo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a atención educativa é gratuíta para as familias independentemente da súa renda. O servizo de comedor será cofinanciado polo Concello de Sanxenxo en función da renda dos usuarios.
As vacantes que se produzan ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre a cativada que forme parte da listaxe de agarda.
Relacionadas:
-
A escola infantil do Revel estrea un renovado patio interior
Por Redacción |
-
Abre o prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís públicas
Por Redacción |
-
Incremento do 21,6% en gasto social no orzamento de 39 millóns de euros para 2023 en Sanxenxo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Posta a punto dos centros educativos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
As escolas infantís municipais de Sanxenxo abren o luns a solicitude de ingreso
Por Redacción |
-
O Revel estrea un "novo pulmón verde" para Sanxenxo
Por Redacción |