Rexistros en pleno centro de Pontevedra nunha operación policial contra os roubos con violencia e tráfico de drogas
Por Natalia Puga & Diego Espiño
Unha operación conxunta entre a Garda Civil, a Policía Nacional e a Policía Local de Pontevedra está a causar moita expectación en dúas das rúas máis céntricas da cidade, Joaquín Costa e Cruz Gallástegui.
Alí estanse desenvolvendo os dous rexistros que derivan dunha investigación contra o tráfico de drogas, segundo confirman as fontes consultadas por PontevedraViva, que tería a súa orixe nun operativo policial contra os roubos con violencia.
Desde primeira hora da mañá, axentes da Garda Civil chegados desde Ourense, efectivos da Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional e axentes da Policía Local de Pontevedra están a desenvolver esta operación.
A Garda Civil confirmou a detención de nove persoas como presuntos autores de delitos con roubo con violencia neste operativo, despregado en Ourense, Pontevedra e Barcelona.
Nos rexistros realizados, os investigadores levaron numerosa documentación.
A autoridade xudicial decretou o secreto das actuacións relativas a esta operación.
Relacionadas:
-
A última redada en Joaquín Costa deixa cinco detidos e desarticula un punto de venda de cocaína
Por Natalia Puga |
-
Incautan cocaína e cen mil euros en xoias ao grupo criminal desarticulado en Pontevedra e Ourense
Por Redacción |
-
Dúas operacións policiais cruzadas acaban con dous detidos na cidade por tráfico de drogas e roubos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot & Diego Espiño |