Á terceira, tampouco houbo xuízo
Por Oskar Viéitez
Xa levabamos desde o ano 2011 con este caso de abusos sexuais a unha menor.
ÿ a terceira vez na que os menores, acompañados dos seus pais, veñen desde Crecente ata a Audiencia de Pontevedra para acudir a un xuízo que nunca se celebra.
Nesta ocasión, a diferenza das anteriores, si que estaba o acusado. Pero foi o seu avogado o que faltou á cita. Estaba doente.
O acusado é José Luís F.V., que acudiu tras ser detido pola Garda Civil, a instancias do xuíz, aínda que non se atopa en prisión.
Este veciño da localidade pontevedresa de Crecente, ao que se lle imputa realizar tocamentos a unha menor de 12 anos en xullo de 2010 será xulgado o 29 de xaneiro na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra. Si non hai ningunha incidencia máis.
O letrado da defensa, a última hora, presentou un escrito solicitando o suspensión da sesión alegando unha baixa médica.
O avogado da acusación, Marcos Martíns López, lamentaba que "se nos fixo vir ata aquí sabendo que non se podía celebrar o xuízo, polo que estamos bastante enfadados".
Os familiares e os nenos, a afectada e tres testemuñas, perderon unha xornada de traballo e de colexio, e ademais son gastos, recordou o seu avogado, Marcos Martíns. En todo caso o que máis lles preocupa é o estrés que xera o ter que revivir todo o ocorrido.
O representante legar da menor afirmou que a nena estivo en tratamento psicolóxico, e ten secuelas de estrés postraumático.
Este xuízo tiña que haberse celebrado o pasado mes de xuño.
O fiscal pediu medidas disciplinarias contra o letrado da defensa.
Segundo relata o escrito de acusación da Fiscalía, o acusado achegouse á menor durante as festas que se celebraban na Praza dá Carballeira, en Albeos (Crecente). Explica que "coa finalidade de procurarse satisfacción sexual", introduciu unha pelota de tenis no interior do xersei da nena, tras o cal realizoulle unha serie de tocamentos nos seus peitos.
Por iso, o Ministerio Fiscal sostén que estes feitos son legalmente constitutivos dun delito de abuso a un menor e solicita catro anos de prisión para el.