A cidadanía de Bueu ten ata o 12 de xuño para solicitar autorización para facer fogueiras polo San Xoán
Por Redacción
O Concello de Bueu abre o prazo para solicitar a organización de fogueiras para as noites de San Xoán (24 de xuño) e San Pedro (29 de xuño).
Recolle o bando da Alcaldía, publicado na web municipal, que as persoas que desexen realizar cacharelas nestas noites máxicas, tanto en terreo público como privado, deberán entregar no Rexistro Xeral a solicitude dispoñible na web municipal antes do 12 de xuño.
As cacharelas teñen que adaptarse ás características establecidas no bando, polo que estas deben realizarse en lugares despexados mantendo unha distancia de seguridade como mínimo de 25 metros das edificacións, liñas aéreas de servizos, mobiliario urbano e vehículos, e non deberán superar en ningún caso os 3 metros de alto.
Só serán susceptibles de autorización as solicitudes sobre terreos ou espazos públicos onde non resulten expresamente prohibidas polas ordenanzas municipais, ou ben en terreos privados.
Relacionadas:
-
Cacharelas, sardiñas e verbenas para celebrar o San Xoán en Poio
Por Redacción |
-
Ata o 19 de xuño permanece aberto o prazo para solicitar permiso para montar fogueiras de San Xoán
Por Redacción |
-
Autorizadas as fogueiras nas praias de Silgar, Panadeira e Caneliñas en San Xoán
Por Redacción |
-
A partir do 8 de xuño, poderanse pedir os permisos para fogueiras e grelladas de San Xoán
Por Redacción |
-
Xa vai sendo hora de empezar a falar das fogueiras de San Xoán
Por Oskar Viéitez |