Homenaxe aos 155 profesionais da Área Sanitaria que se xubilan
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Delegación Territorial da Xunta en Campolongo acolleu este venres o acto de homenaxe aos 155 profesionais da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que se xubilan no presente ano.
Durante o acto, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña trasladou aos profesionais o seu agradecemento polo traballo, entrega e compromiso.
"Non só configurades un perfecto exemplo do que é a gran familia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, senón que tamén exemplificades que a sanidade pública galega ten no persoal o seu capital máis importante, polo nivel de calidade que aportastes ao longo destes anos", dixo Comesaña.
O conselleiro lembrou que en menos de dous anos farase realidade o Novo Montecelo, "e vós formaredes parte del, xa que contribuístes a construír o ecosistema para que todo isto sucedera".
Neste acto tamén se destacou que todos estes profesionais foron os protagonistas de moitas transformacións e posibilitaron a consecución de moitos recoñecementos como o do Servizo de Dermatoloxía do Chup nos premios Best in Class; o servizo de Dixestivo pola atención ao paciente con hepatite C; ou ao complexo hospitalario na categoría de mellor organización integrada en atención primaria.
Especialmente, foi recordado o traballo realizado durante a pandemia, "na que demostrastes, dun xeito máis especial, a vosa calidade humana. Se conseguimos superar eso foi grazas a aos profesionais que loitastes sen descanso", díxolles o conselleiro.
Relacionadas:
-
Os médicos residentes disporán dun programa formativo na UCI da área sanitaria
Por Redacción |
-
Renovado o convenio de vivendas para médicos de fóra de Galicia que traballen nas consultas de Baltar no verán
Por Anxo Lourido |
-
O conselleiro asegura que este verán "a situación vai ser moitísimo mellor que o ano pasado" en Atención Primaria
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |