O Pazo de Colón, en Poio, acolle o 15 de xuño o quinto Foro da Muller
Por Redacción
A asociación Empresarias Galicia, que ten como obxectivo visibilizar e promocionar a figura da muller no tecido empresarial, social e cultural; organiza o próximo 15 de xuño no Pazo de Colón, en Poio, a quinta edición do Foro da Muller.
Trátase dunha iniciativa que realizan de forma consecutiva desde o 2019 pensada como unha expresión positiva e respectuosa da situación en materia de desigualdade. Desde o colectivo sosteñen que xa se "converteu nun referente galego para a muller empresaria, autónoma e directiva".
A xornada estará organizada ao redor de catro mesas temáticas que abordarán temas fundamentais: “Saúde e benestar”, “Turismo rural”, “Artesanía: Tradición e innovación” e “Intelixencia artificial”.
Estas mesas pretenden "dar visibilidade a aquelas mulleres que, cunha traxectoria profesional chea de experiencias e logros, habitualmente non se atopan expostas ao público ou aos medios de comunicación, pero que teñen unha magnífica bagaxe que compartir. Ao mesmo tempo, conseguimos localizar mulleres novas, emprendedoras e con moitas ganas de achegar en favor da igualdade", expoñen desde o colectivo.
O Foro está enfocado a un amplo público de sectores moi diversos. Un evento de calidade co que "estamos envorcadas as empresarias galegas e con moi boa repercusión a nivel rexional e nacional", conclúen.
O evento desenvolverase entre as 9 e as 14 horas do día 15 de xuño. O prezo de asistencia é de 15 euros para socias e socios, e de 25 euros para o público xeral. Se os asistentes están interesados en participar na comida posterior, a cota sobe ata os 35 e 50 euros, respectivamente.
Relacionadas:
-
A intelixencia artificial e emocional, eixos centrais do quinto foro da muller
Por Redacción |
-
A Asociación Empresarias Galicia preséntase en Pontevedra na súa loita contra o teito de cristal
Por Anxo Lourido |
-
"El pasado es de los hombres. El presente ya se lo estamos discutiendo. El futuro debe ser de ambos"
Por Redacción |