Carballedo, Tenorio e Cerdedo terán ludotecas en xullo e agosto dentro do programa 'Concilia Verán 2023'
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade presentou o programa municipal 'Conciclia Verán 2023', pensado que facilitar a conciliación laboral e familiar durante os meses estivais.
Dentro deste programa poñeranse en marcha tres ludotecas Carballedo, Tenorio e Cerdedo durante xullo e agosto.
Trátase dunha iniciativa ideada para nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos de idade.
As prazas en cada un das ludotecas será limitada, e terá un custo de 40 euros por neno ao mes, asumindo o Concello a cantidade restante de cada inscrición, co obxectivo de poder atender a 150 menores.
O prazo de matrícula manterase aberto ata o próximo 21 de xuño, con prioridade para os nenos empadroados en Cerdedo-Cotobade, podendo formalizarse na OMIX de Carballedo ou no Departamento de Servizos Sociais da sede administrativa de Cerdedo.
As ludotecas, que contarán cun horario de 9.00 a 14.00 horas, terán lugar no pabelón de Cerdedo, o edificio multiusos de Carballedo e o CEIP de Tenorio.
Na súa programación mestúranse actividades lúdicas e educativas, contando cun reforzo tanto da lingua galega como inglesa e incluíndo diversos xogos tradicionais, competicións, actividades interactivas e psicomotrices e tamén saídas e roteiros pola contorna para poñer en valor o medio natural e o patrimonio etnográfico.