Edificios de Vilagarcía sufrirán un corte de auga entre o luns e o martes pola instalación dunha válvula hidráulica
Por Redacción
A empresa concesionaria do servizo de subministración de auga en Vilagarcía, Espiña & Delfín, deixará sen abastecemento parcial a unha zona da vila entre as 23.00 horas do luns 5 e as 06.00 horas do martes.
As zonas máis afectadas serán as da avenida de Rodrigo de Mendoza, nos números pares do 2 ao 30, apróximadamente, e a avenida do doutor Tourón, entre os números tamén pares, do 22 ao 30, segundo informa o goberno local. Tamén se poderán ver afectados, segundo a empresa adxudicataria, os pisos máis altos do centro de Vilagarcía, do mesmo xeito que as zonas máis altas do municipio na contorna no que se realizan as obras, nas proximidades á glorieta Mariña Española.
Desta forma, a subministración pode verse afectado en puntos de Cornazo, a urbanización do Piñeiriño e tamén Vilaxoán ou Faxilde. Nestes casos, os residentes poderán detectar unha sensible baixada de presión e mesmo a ausencia total de caudal ao longo desas sete horas que durarán os traballos.
Trátase de vinte edificios afectados polas obras que consistirán na instalación dunha válvula automáitca de control hidráulico e dun contador xeral de distribución. Trátase dunha intervención similar á que se realizou recentemente na contorna do barrio dos Duráns.
Os traballos realizaranse durante a noite para minimizar os trastornos que provoca o suministro de auga. Segundo o Concello de Vilagarcía de Arousa, trátase de actuacións inevitables para ofrecer un servizo de calidade.