A Audiencia suspende o xuízo contra dez arousanos por traficar cocaína na zona de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra suspendeu por cuestións procesuais o xuízo contra dez persoas acusadas por un presunto delito de tráfico de drogas.
As partes pediron a nulidade das actuacións e a suspensión do xuízo porque non se deu traslado desta acusación aos responsables civís de modo que non puideron comparecer. A fiscalía adheriuse a esta última petición.
Despois duns minutos de estudo destas peticións o Tribunal non decretou a nulidade das actuacións pero si admitiu a petición de suspensión para devolver as actuacións ao xulgado para que se de cumprimento ao traslado das actuacións aos posibles responsables civís.
Relacionadas:
-
Vitriño négase a declarar no xuízo de tráfico de cocaína que, por fin, se iniciou na Audiencia Provincial
Por Redacción |
-
A ausencia de dous maxistrados obriga a suspender, por cuarta vez, o xuízo contra "Vitriño"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A renuncia dun avogado volve obrigar a suspender o xuízo contra dez arousanos por narcotráfico
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
A Audiencia retomará en marzo o xuízo contra dez arousanos por traficar cocaína
Por Redacción |
-
Dez arousanos, entre eles 'Vitriño', sentan no banco por traficar cocaína na zona de Vilagarcía
Por Natalia Puga |