Adega abre dúas vías de crowdfunding para loitar contra os proxectos eólicos das Penizas e Touriñán III-2
Por Redacción
A Asociación ecoloxista Adega suma tres novos desafíos á campaña de recadación solidaria para a interposición de recursos contra o actual modelo eólico da Xunta de Galicia. Estas iniciativas céntranse nos parques eólicos de Touriñán III-2, na Estrada, Cuntis e Campo Lameiro; e As Penizas, en Cerdedo-Cotobade e Forcarei. Alertan desde o colectivo que as autorizacións aprobadas pola dirección xeral de Planificación Enerxética foron publicadas xa no Diario Oficial de Galicia.
Estes tres novos retos engádense a outros xa activos no marco da campaña "Ti podes paralos!", co obxectivo de emprender accións xurídicas tamén contra outros seis parques eólicos. Para poder contribuír a estas causas, Adega acaba de facer públicas tres plataformas online de crowfunding.
"O hábitat das Bestas de Sabucedo está en perigo", aseguran desde a asociación ecoloxista. O P.E. Touriñán III-2, promovido por Greenalia Wind Power Touriñán, prevé instalar un total de cinco aeroxeradores cunha potencia total de 24 MW sobre un territorio montañoso que forma parte do hábitat de cabalos salvaxes. Mentres que o de As Penizas, impulsado por Greenalia Wind Power, supón tamén un perigo para estes mamíferos, así como para morcegos, aves migratorias, réptiles e anfibios, como o caso da ra vermella, especie protexida.
"Máis alá da biodiversidade en risco, estes proxectos eólicos ameazan espazos de alto valor arqueolóxico", argumentan desde Adega facendo referencia á elevada concentración de arte rupestre ao aire libre nas zonas afectadas
O obxectivo mínimo de recadación colectiva establecido por Adega para os desafíos #TPPTouriñánIII2 e #TPPAsPenizas é de 7.300 euros. Porén, a recadación establécese en dúas fases. A primeira terá unha duración de un mes desde este mércores, na que será preciso acadar un mínimo de 3.650 euros para cada un dos proxectos, o que garantirá a presentación por parte de Adega do pertinente recurso administrativo de alzada e a elaboración do informe técnico ambiental, alén de poder cubrir outros gastos de xestión.
Nunha segunda fase, dunha duración de tres meses, procurarase acadar outros 3.650 euros para a interposición do recurso contencioso-administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, así como para a solicitude de paralización cautelar.
Adega tamén ofrece a posibilidade de destinar as doazóns da campaña “Ti podes paralos!” a un fondo común non adscrito a ningún proxecto eólico en particular, e que servirá de apoio ao conxunto dos desafíos impulsados por Adega.
Relacionadas:
-
O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións de dous parques eólicos
Por Redacción |
-
ADEGA presentará, grazas a doazóns cidadás, un recurso no TSXG contra o proxecto eólico Touriñán III-2
Por Redacción |
-
O TSXG rexeita suspender de forma urxente a autorización do parque eólico das Penizas e ordena seguir co trámite xudicial ordinario
Por Redacción |
-
ADEGA denuncia no xulgado o parque eólico Campo das Rosas ao afectar a especies en perigo de extinción
Por Redacción |
-
A Comunidade de Montes de Antas interpón un recurso de alzada contra o parque eólico de Monte Peón
Por Oskar Viéitez |
-
Petición do BNG ao Concello de Cerdedo-Cotobade para iniciar accións xudiciais que deteñan os parques eólicos
Por Redacción |
-
'O Devalar do Monte Galego', unha mostra para poñer en valor o monte fronte ás macroinstalacións eólicas
Por Redacción |
-
Percorren en manifestación as rúas da Lama contra os múltiples proxectos eólicos
Por Oskar Viéitez |
-
Celebran un Via Crucis en Moraña para protestar contra o parque eólico do Acibal
Por Redacción |
-
O BNG presenta alegacións ao proxecto do Parque Eólico "Ampliación Penizas"
Por Redacción |
-
Máis de 2.000 alegacións de residentes en Amil e Campo Lameiro ao Polígono Eólico Zudreiro
Por Redacción |