O rebentón dunha tubaxe provoca unha inundación na rúa Joaquín Costa
Por Redacción
Unha avaría nas canalizacións de auga provocou este mediodía unha aparatosa inundación na céntrica rúa pontevedresa Joaquín Costa.
O suceso, que tivo lugar ao redor das 13.30 horas deste mércores 7 de xuño, produciuse como consecuencia do rebentón dunha destas tubaxes e obrigou a intervir con urxencia aos operarios da empresa encargada do servizo da auga na cidade, Viaqua.
Como consecuencia do rebentón, a auga comezou a saír con forza dos sumidoiros provocando unha inundación localizada na zona traseira do Hospital Provincial, á altura da parada de autobuses.