Marín volverá ser capital da danza co Atlantic Open 2023
Por Redacción
O baile caribeño e a danza urbana teñen unha cita esta fin de semana no Pavillón da Raña co arranque do Marín Atlantic Open.
A xornada do sábado estará adicada ao Campionato Galego de Battles de Hip-Hop, que se desenvolverá ao longo da tarde, desde as 16.30 horas. Ás 19.00 horas, disputarase o Campionato Galego de Hip Hop e despois cerrará o día a Final do Circuito Galician Dance Tour, competición puntuable no ránking Nacional da FEBD.
O domingo pola mañá xogarase o Campionato Galego de Bailes Caribeños, con bloques de danza coreográfica, standard, combinación, single standard, single latinos e CBA latinos.
O concelleiro de Deportes, Antonio Traban quixo destacar “a continuidade deste evento que xa leva varios anos celebrándose na nosa vila e que a pon no mapa do circuito de danza en diversos estilos”.
Relacionadas:
-
A gran onda expansiva do baile deportivo e das danzas urbanas chega a Marín co Campionato de España de Hip Hop
Por Redacción |
-
O festival de danzas urbanas de Marín pásase á vía telemática
Por Redacción |
-
O break dance súmase á oferta do Marín Atlantic Open de baile
Por Redacción |
-
A Raña reunirá 220 parellas no Marín Atlantic Open de baile deportivo
Por Redacción |