Abraham Mateo e as orquestras París de Noia e Combo Dominicano, nas Festas do Carme
Por Redacción
O cantante e compositor Abraham Mateo e as orquestras París de Noia e Combo Dominicano serán este ano 2023 os pratos fortes das Festas do Carme de Marín.
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, explicou este venres que desde o Concello se están a perfilar os últimos detalles dunha programación que queren que siga a estela destes últimos anos, "chea de actividades que pensan en todas as idades, con opcións de ocio case todos os días e que sirvan como un potente revulsivo da nosa economía local".
Ao longo das próximas semanas iranse desvelando máis detalles e a imaxe deste ano, pero xa se adiantaron algúns dos pratos fortes. Ademais de Abraham Mateo, París de Noia e Combo Dominicano, tamén está previstsa a actuación de Furia Joven, Galilea e Kubo.
De momento, non se coñecen as datas de cada concerto, pero a concelleira adiantou que todas estas propostas terán lugar en torno ás datas centrais do Carme.
A concelleira anuncia que haberá programación durante todo o mes e tamén en agosto e setembro.
Relacionadas:
-
Marín busca nenos e nenas para as carrozas da tradicional Batalla de Flores
Por Redacción |
-
O xornalista Javier Casal será o pregoeiro das Festas do Carme de Marín
Por Redacción |
-
O concerto de Cali y El Dandee en Marín será finalmente gratuíto
Por Redacción |
-
Haberá un amplio dispositivo de seguridade en Marín nos días fortes das Festas do Carme
Por Oskar Viéitez |
-
Manuel Villanueva, no inicio das Festas do Carme: "A Marín nunca lle puiden negar nada"
Por Redacción |