Louzán anuncia un plan de reparación de estradas e homoxeneización de lombos
Por Oskar Viéitez
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou que, en febreiro, a institución provincial iniciará unha reparación integral nas estradas da súa competencia en base á planificación establecida no catálogo de estradas que o organismo provincial presentará proximamente.
Esa reparación incluirá o plan de limpeza de cunetas nas 348 estradas de titularidade provincial.
Segundo Louzán, este traballo integral implicará nova sinalización e medidas de seguridade, fixación de límites de tráfico, homoxeneización de lombos, anchura de calzada e outros.