Unha boia oceanográfica á deriva chega dende Southampton á praia de Montalvo
Por Oskar Viéitez
Emerxencias de Sanxenxo encontrou este xoves unha boia oceanográfica que arribou á praia de Montalvo.
ÿ propiedade do Centro Nacional de Oceanografía de Southampton, Reino Unido. Este centro está situado nun campus universitario e é o fogar duns 520 científicos de investigación, docencia e apoio do persoal de navegación marítima británica e máis de 700 estudantes.
Trátase dunha boia de medición marítima que se gardou en dependencias municipais.
Salvamento Marítimo púxose en contacto co centro de referencia en Inglaterra para comunicarlles o achado.