O Centro de Información á Muller Pontevedra atendeu 129 consultas por casos de violencia de xénero
Por Oskar Viéitez
A concelleira responsable de Benestar Social no concello de Pontevedra, Carme Fouces, fixo balance este venres da actividade do Centro de Información á Muller (CIM) durante o pasado ano no que se atenderon 1.435 consultas novas, das cales 51 foron feitas por homes.
ÿ estas consultas o 79% proceden de persoas empadroadas na área urbana polo que a concelleira considera importante iniciar un traballo de divulgación coa poboación do rural pontevedrés.
O 55% das persoas atendidas tiña idades comprendidas entre os 36 e os 55 anos, o perfil complétase destacando que o 37% eran mulleres casadas e con fillos.
A atención máis demandada por parte das persoas que acoden ao CIM é de tipo psicolóxico ou terapéutico, concretamente un 62%, o que non quere dicir que esta atención teña que estar relacionada cos malos tratos.
Carme Fouces chamou a atención sobre o incremento de consultas por parte de mulleres menores de 25 anos, que supoñen o 10% das consultas "é a franxa de idade que máis medra", e os datos apuntan que esta tendencia seguirá durante este ano "son mulleres que a maioría veñen a nos con denuncias por agresións, ou con ordes de protección e afastamento".
Por isto a concelleira insistiu na necesidade de perseverar nas campañas de prevención e información orientadas a este sector da poboación.
Outro dato sobre o que a responsable municipal de Benestar quixo poñer o foco é que o 74% das mulleres atendidas están desempregadas. "A independencia económica é crucial para este tipo de atencións", dixo Fouces, " e para rachar cos tópicos, ou 45% dás persoas que se achegaron ou CIM teñen estudos medios ou universitarios", engadiu.
VIOLENCIA DE XÿNERO
En total foron 129 os casos de violencia de xénero atendidos por este servizo municipal situado no Chalé de Fontoira.
"Non son datos bos, alentadores ou que nos fagan sentir ben", valorou Fouces. ÿ por iso que o Concello seguirá "fortalecendo" a área de Benestar " porque é necesario armar todo o que se poida ás mulleres" ante a desprotección na que se encontran.