O Goberno traslada á Xunta a solicitude de prórroga de ENCE para seguir en Lourizán
Por Oskar Viéitez
O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño xa trasladou á Xunta de Galicia a solicitude da prórroga da dirección do grupo ENCE para a permanencia da súa fábrica na ría de Pontevedra máis alá do fin da actual concesión que vence no ano 2018.
Así o confirmou este venres o Conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. "Xa está aquí", admitiu.
A partir de agora o goberno galego ten tres meses para elaborar o informe "determinante". "Nos consideramos que é imprescindible a tramitación do Decreto da modificación da Lei de Costas", puntualizou Hernández, polo que o conselleiro considera que "non se debe tramitar agora", cuestión que trasladaron ao Ministerio para a súa resolución.
"Consideramos que por seguridade xurídica e por lóxica a tramitación desa petición de ENCE se debe tramitar despois de que o Ministerio resolva o regulamento de modificación da Lei de Costas", explicou o conselleiro. "En todo caso non é inmediato", dixo. Polo tanto a Xunta agarda esa resposta do Ministerio.
Agustín Hernández precisou que a decisión que se adopte respecto a ENCE "corresponderá a todo o Goberno galego", aínda que a Lei de Costas di que a tramitación se refire a cuestións ambientais e polo tanto corresponde emitir ese informe ao órgano con esa competencia da administración autonómica.
"A nosa decisión a tomaremos escoitando a opinión dos cidadáns de Pontevedra", argumentou
"Lóxicamente é unha decisión que non só afecta a Pontevedra a cidade, afecta ao sector forestal, nos temos manifestado clarísimamente que ENCE é imprescindible para o desenvolvemento da actividade deste sector en Galicia pero tamén temos claro que ENCE debería de continuar coa súa actividade fora da ría e en todo caso no noso programa electoral dí que a nosa decisión a tomaremos escoitando a opinión dos cidadáns de Pontevedra", argumentou.
E para rematar Agustín Hernández engadiu que "gustaríanos que ENCE fora sensible e receptiva a envergadura e trascendencia dunha decisión desa natureza".
Relacionadas:
-
O Goberno central frea o informe sobre a prórroga de ENCE ata que entre en vigor a Lei de Costas
Por Redacción |
-
O PP di que ENCE "se precipitou" ao solicitar a prórroga da súa concesión na ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE advirte que a Xunta "parece disposta" a prórrogar a concesión de Ence pola vía do silencio administrativo
Por Redacción |
-
A Xunta segue pospoñendo a súa decisión sobre a prórroga de ENCE
Por Redacción |
-
A Xunta renova os permisos ambientais de Ence e Elnosa porque "son prórrogas obrigadas"
Por Redacción |
-
Ence solicita oficialmente unha prórroga para seguir en Lourizán máis alá do 2018
Por Oskar Viéitez |
-
A Plataforma 2018, apoiada por un milleiro de cidadáns, rexeita na rúa unha prórroga a Ence e Elnosa en Lourizán
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |