Ana Pastor, ante empresarios en Pontevedra: "No podemos permitir cuatro años más de sanchismo"
Por Redacción
A candidata do PP ao Congreso por Pontevedra, Ana Pastor, sostivo este luns que "no podemos permitirnos cuatro años más de sanchismo" en España, a risco de que o benestar das familias "se siga empobreciendo".
Así o defendeu nun almorzo con empresarios de Pontevedra, no que estivo acompañada da candidata popular ao Senado, Pepa Pardo, e a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana.
"Las políticas del Gobierno han empobrecido como nunca a las familias españolas. Son las que más poder adquisitivo han perdido", dixo Pastor, que apelou aos datos do Banco de España para indicar que 1,6 millóns de familias non cobren "gastos elementales" do seu día a día.
Neste encontro, a candidata do PP debullou o programa económico que impulsa o seu partido, que aposta pola seguridade xurídica, a creación de emprego e a captación de investimento como "elementos clave" das súas políticas.
Todo iso, segundo Ana Pastor, é a base dunha sociedade do benestar "sostenible en el tiempo" e que, ao seu xuízo, "debe tener a las personas en el centro de su acción política y mantener a medio y largo plazo unos servicios sociales de calidad".
Pastor avogou por gobernar España de maneira "responsable, rigurosa y transparente", a través dunha política fiscal "adecuada", reducir o déficit e a débeda ou reverter a subida de impostos "para aliviar las cargas que soportan los hogares españoles".
Así, o PP inclúe na súa proposta a modificación do sistema fiscal para as familias con rendas medias e baixas, deflactar a tarifa do IRPF ou reducir o IVE ao peixe, a carne ou as conservas,
"Pensamos que donde mejor está el dinero es en el bolsillo da ciudadanía y estas políticas contribuyen a dinamizar la economía", engadiu a dirixente popular.
Ademais, a candidata do PP por Pontevedra comprometeu unha "mayor transparencia" na asignación de fondos europeos, avanzar na simplificación administrativa, fomentar o emprendemento, apoiar a autónomos e pemes ou impulsar un plan de reindustrialización.
Relacionadas:
-
Os populares avogan por "equilibrar" a protección da costa e a actividade económica
Por Redacción |
-
O PP promete apoiar o deporte feminino "de manera decidida" para darlle maior visibilización
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Ana Pastor: "En Galicia estamos moi concienciados co turismo con sentidiño e Feijóo comparte ese compromiso"
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda confía en que Galicia votará por unha maioría ampla para Núñez Feijóo
Por Redacción |
-
Rueda asegura en Vilagarcía que só o PP é garantía de voto útil
Por Redacción |
-
Rueda pon de exemplo a Poio e á Deputación de Pontevedra do cambio político que agarda en España
Por Redacción |