O mundo xudicial sae contra unha lei que é "una regresión histórica de derechos"
Por Natalia Puga
Preto de medio millar de persoas vinculadas ao mundo xudicial en Pontevedra saíron á rúa, ás portas da Audiencia Provincial, para manifestar o seu "rechazo formal" á nova Lei de Taxas Xudiciais que está en tramitación por vía urxente no Congreso.
"Gallardón, hai Constitución" e "Gallardón, dimisión" foron as principais consignas que se corearon na protesta. Os manifestantes responsabilizan de forma directa o ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón, desta lei e centran a súa protesta en "pedir la retirada de la tramitación" da nova norma.
Os avogados estaban chamados a manifestarse ataviados coas súas togas, pero apenas media decena responderon á convocatoria, o resto foron vestidos de rúa. Na súa protesta víronse avalados por funcionarios xudiciais, fiscais, sindicatos e políticos do BNG e o PSdeG-PSOE. Resultou significativa a escasa presenza de xuíces e maxistrados.
O decano do Colexio Provincial de Avogados, Ramón Jáudenes López de Castro, compareceu ante os medios uns minutos antes da protesta para explicar os motivos que levan ao colectivo a rexeitar a nova normativa.
Na súa opinión, é ""una verdadera regresión histórica de los derechos de los ciudadanos, treinta años, hasta 1986, cuando se suprimió la ley de tasas preconstitucional" e "la única virtud que tiene es que ha puesto de acuerdo a políticos, jueces y abogados".
Jáudenes dubida da constitucionalidade da nova lei por atentar contra los derechos de los ciudadanos" e sinala que supón "un repago de un servicio que ya pagamos todos los españoles con nuestros impuestos" e dunha lei "que premia al moroso y al deudor" e "perjudica a la clase media y los ciudadanos de menores ingresos".