Pontevedra, Raxó ou Lourizán, os admitidos para o pérmex "terán que elexir", segundo a Xunta
Por Redacción
Os admitidos en máis dunha lista provisional na convocatoria de pérmex para as confrarías de Pontevedra, Raxó e Lourizán "terán que elixir a continuidade nun único proceso selectivo". ÿ a resposta da Consellería do Medio Rural e do Mar á denuncia realizada polo sindicato CC.OO, na que desvelaban irregularidades na concesión de 75 permisos de marisqueo.
Asegura o goberno galego que aínda que unha persoa fora admitida en máis dunha lista provisional "a propia lei impide a posesión de máis dun permiso de explotación de marisqueo a pé".
Neste sentido, recalca que as listas publicadas para cada unha das tres convocatorias son provisionais e realizadas segundo unhas bases establecidas "que non recollen en ningún momento a imposibilidade de presentar a documentación para participar en varios procesos selectivos simultaneamente".
A Xunta recorda que o plan conxunto de explotación do marisqueo a pé das confrarías de Pontevedra, Raxó e Lourizán foi aprobado cunha ampliación de 25 novos permisos de explotación para cada unha das entidades. "Isto indica que estamos ante tres procesos diferentes e independentes aos que calquera podía optar presentando a documentación que se solicitaba nas convocatorias en calquera das tres confrarías e no rexistro da Xunta", conclue o comunicado.